A tenda Loogo Calzados está situada no Centro Comercial  As Termas, caracterízase por ser ampla, diáfana e moderna. A súa principal diferenza é que nela móstrase o calzado en expositores brancos e luminosos, dando un gran protagonismo ao produto.

Son establecementos exclusivos onde os clientes poden gozar da ampla exposición de produto de todas as seccións rodeados dun ambiente amplo e agradable.

Nestes establecementos exponse tan só un pé de cada produto, cando o cliente solicita probarse o calzado é atendido polo persoal da tenda, combinándose así a liberdade do cliente para pasear observando os produtos cunha atención máis personalizada.

Dentro das tendas Loogo pódense atopar catro secciones diferenciadas: Moda Nova, Señora, Home e Complementos.

O produto da tenda  Loogo do Centro Comercial  As Termas de Lugo está caracterizado polos seus deseños modernos, a propia calidade do produto e a gran variedade de calzados que se poden atopar nesta tenda, desde moda para home como zapatos de diferentes estilos e deseños, zapatillas, botas ou  mocasines, ata moda de muller como tacóns, zapatillas, botíns ou botas de muller, sandalias…

Atopa toda a moda de calzado que sempre quixeches no Centro Comercial  As Termas, o teu centro comercial en Lugo.

Read More Read less