Salsa, situado na planta baixa do Centro Comercial As Termas é unha marca portuguesa que foi pioneira no mundo do denim ao especializarse na creación de fits técnicos que favorecen e realzan a fisionomía do corpo, o que os sitúa nun nivel de diferenciación elevado fronte á competencia.
A súa misión é revolucionar o mundo denim, implicando a súa tecnoloxía e valores no desenvolvemento dos seus produtos, deseñados para que os seus clientes poidan lucir a mellor versión de si mesmos grazas a un estudo constante dos patróns corporais de homes e mulleres, calquera tipo de corpo ten alí o seu vaqueiro perfecto.
Read More Read less