A tenda Stradivarius que se atopa no Centro Comercial  As Termas de Lugo forma parte da ampla rede de establecemento desta marca internacional adquirida polo Grupo Inditex en 1994. Stradivarius fundouse en 1994 e, actualmente, brinda a oportunidade de interpretar a moda á súa maneira, co seu propio estilo, e animando ao seu público para combinar as súas coleccións para que irradien un estilo único e persoal.

En cada tenda de Stradivarius os clientes sempre van poder atopar unha moda en constante movemento para manter sempre o  glamour e o estilo que atesoura o espírito feminino, fresco e creativo da marca. Grazas ás amplas coleccións de pezas de vestir e complementos os clientes poden saciar os seus variados gustos en moda e adquirir, a prezos moi competitivos e da máxima calidade, o último en tendencias.

Toda a roupa, accesorios e complementos que se atopa nas tendas Stradivarius renóvase cada tempada, coa realización previa dunha exhaustiva análise da demanda da rúa para axustar de maneira completa o produto que se expón coas necesidades do armario de cada clienta. Deste xeito, as persoas que acoden á tenda Stradivarius situada no Centro Comercial  As Termas teñen asegurado que o que adquiran vai ter sempre o prezo máis competitivo coa garantía da máxima calidade que atesouran os produtos de Stradivarius.

Read More Read less