Sundara, situada no Centro Comercial  As Termas de Lugo, é unha Franquía de Centros de Beleza dedicada ao coidado persoal e o benestar, usando técnicas naturais e produtos ecolóxicos da mellor calidade. En  Sundara son pioneiros na maioría de servizos que ofrecen, como a depilación con fío,  manicura Eco-Elegante, depilación con caramelo ou sugaring…Todo realizado con produtos 100% ecolóxicos, comercializando as mellores marcas de Alta Cosmética Bio, entre as que tamén se atopa a súa propia.

Están considerados como uns dos mellores deseñadores de cellas no noso país, cunha gran experiencia, un servizo de calidade e unha gran consideración cara aos seus clientes, conseguindo así unha alta fidelización.

Tras máis de 10 anos de andaina,  Sundara lidera en España no sector da depilación con fío e o deseño de cellas, gozando dun gran prestixio. A depilación con fío ten a vantaxe de ser  antiarrugas, debilitar a lanuxe facial e ter unha alta precisión, o que mellora os resultados a curto e longo prazo. O deseño de cellas xunto co seu servizo de extensión de pestanas ou os seus servizos de masaxes faciais personalizadas darán ao teu rostro un novo resplandor a mocidade e saúde, co agarimo duns profesionais atentos e cos seus produtos naturais sen tóxicos ademais de eco-friendly.

Se queres gozar dos coidados e calidade de  Sundara agora telo moi fácil, pois podes atopalos na Planta Baixa do Centro Comercial  As Termas, entre  Soloptical e  Esprit.

Read More Read less