A Gran Cervexaría Pizzeria El Galeón está situada no Centro Comercial As Termas e ofrece aos seus comensais exquisitas pizzas e comida italiana de gran calidade. O Galeón dispón dunha ampla carta de pratos tradicionais relacionados coa pasta, como pizzas, spaguettis, tallarines ou lasaña, pero tamén se poden gozar dunha gran variedade de pratos combinados ou racións, que farán as delicias dos amantes da boa comida.

Ademais, os visitantes do Centro Comercial As Termas de Lugo que visiten El Galeón tamén se van a atopar coa opción para comer de menú diario, e non só iso, porque as carnes tamén teñen cabida na oferta gastronómica do Galeón, incluíndo pratos como o raxo ao cabrales e á pementa, costelas ao ajilla ou o famoso cordonbleu.

Con todo, outra das especializades do Galeón son as riquísimas hamburguesas que serven no local do Centro Comercial As Termas. Para os «» burguer lovers»» a oferta varía desde a Pizzbur-2, con dúas pezas de carne de primeira calidade, ata a gran Pizzbur Yanki, entre cuxos ingredientes se atopa o xamón serrano, o ovo frito, a cebola ou o pepinillo. En definitiva, un lugar para saciar o padal con ricos sabores.

Read More Read less