O Centro Comercial As Termas incorpora o primeiro local de Koa Poke en Lugo. A cadea galega ofrece opcións saudables e en tendencia, como pokes, baos, sándwichs coreanos, bowls de yogurt ou açaí, zumes ou shakes a través do seu concepto de cociña non stop, servindo almorzos, comidas, merendas e ceas.
Esta cadea de restauración galega, que xa conta con outros seis locais en Vigo, Santiago, Ourense e Xixón, posicionouse coma a alternativa sa á comida rápida.