Mc Donald´s é unha das cadeas de comida rápida máis coñecidas a nivel mundial e ten un dos seus restaurantes no Centro Comercial  As Termas situado na cidade de Lugo. A súa popularidade reside en ofrecer unha gama moi ampla de produtos de boa calidade a prezos económicos, permitindo a esta cadea de orixe estadounidense posicionarse con éxito en 119 países no mundo.

A cadea de comida  Mc Donald´s ofrece unha gama variada de produtos e menús que vai ampliándose cada ano, adaptándose aos gustos dos consumidores e ás tendencias alimenticias actuais. Nun restaurante  Mc Donald´s, pódese escoller produtos como hamburguesas de carne, pito ou peixe, patacas fritas, ensaladas, bebidas, xeados e sobremesas como pasteis ou froitas. Pódese optar por variados menús para adultos e para os nenos, como o “Happy  meal “, moi popular entre os nenos xa que incorporan entre os seus produtos un xoguete actual co que gozar no restaurante durante a comida.

Os produtos da cadea  Mc Donald´s elabóranse con materias primas de alta calidade, posto que unha das metas desta cadea é coidar da saúde dos seus clientes en todo o mundo. As cadeas  Mc Donald´s teñen a  Q de calidade que concede o instituto para a Calidade Turística Española, confirmando así a excelente calidade dos seus produtos. No Centro Comercial  As Termas poderás  desfrutar da calidade a un bo prezo que ofrece a cadea  Mc Donald´s.

Read More Read less