A empresa galega Nación Pizza&Pasta ten un dos seus restaurantes no Centro Comercial As Termas de Lugo. Nación Pizza&Pasta ofrece a todos os seus clientes produtos de elaboración ecolóxica, sen conservantes, colorantes ou estabilizantes, moitos deles sen glute, buscando achegar algo diferente e moi saudable á nosa dieta.
Nación Pizza & Pasta aposta por comida sa, orgánica, fresca e natural, sendo moitos dos seus pratos de elaboración caseira. A filosofía de Nación Pizza&Pasta é ofrecer unha comida sa e natural a un bo prezo, apostando por un mundo máis sostible e verde en xeral, promovendo a reciclaxe e un menor consumo enerxético mediante o uso de leds, mobles de madeira natural e envases de materiais reciclados.
Read More Read less