OPORTUNIDADES DE NEGOCIO
ALUGUER DE LOCAIS COMERCIAIS
As Termas converteuse no lugar de referencia, non só na cidade de Lugo como punto de encontro de familias e xente nova, senón o lugar de Lecer preferido das principais poboacións da provincia de Lugo’
Deste xeito, As Termas Centro Comercial convértese no lugar ideal onde as empresas poden expoñer, promocionar e ofertar os produtos e servizos de maneira directa e así chegar mellor ao seu público concreto, ben a través dun local ou espazo temporal.
Tes un negocio pero queres darlle un impulso trasladándoo a unha zona de alto tránsito, Ou tes en mente unha idea de negocio pero necesitas o punto perfecto onde establecelo? Ofrecémosche a oportunidade de situar o teu negocio nun punto estratéxico, rodeado de marcas internacionais de primeiro nivel que arrastran un gran volume de público.

SE BUSCAS UN ESPAZO TEMPORAL

EN GALERÍA
Se queres instalar un punto de comunicación ou unha caseta como parte dunha campaña publicitaria ou informativa ou ben tes unha exposición itinerante e interésache o noso centro comercial.
A gran vantaxe de comezar o teu negocio desde un punto de venda temporal é que reduces enormemente o investimento inicial, minimizando riscos. En As Termas atoparás todo o que necesitas: espazos en alugueiro —ti elixes o número de metros cadrados— e moita, moita xente. Perfecto para quioscos, casetas, promocións, eventos,…, en corredores, prazas, aparcamentos, …
E se queres instalar un punto de comunicación ou unha caseta como parte dunha campaña publicitaria ou informativa ou ben tes unha exposición itinerante e interésache o noso centro comercial, só tes que poñerche en contacto connosco.
Podes chamarnos ao 982 219 752 ou escribirnos un email a ccastermas@ccastermas.es. Podemos ensinarche os espazos dos que dispoñemos en base ás túas necesidades (metros cadrados, altura, temática, etc.). Falemos e atopemos xuntos a mellor solución para a túa instalación!

NUN LOCAL
En As Termas contamos con Quick Stores, trátase de alugueiros temporais de locais para: pop up stores (tendas efémeras), lanzamento de novos produtos, marcas ou servizos, feiras, proxectos de emprendedores ( start- up), demostracións, espazos multimarca, vendas exclusivas de marcas,… Unha nova fórmula comercial na que poñer a proba o teu negocio sen necesidade dun gran investimento e sen contratos con compromisos de permanencia a longo prazo.

PARA PUBLICIDADE
Dispoñemos de numerosos soportes de alto impacto —lonas, bandeirolas, escaleiras, muros, cristaleiras, ascensor panorámico, etc, así como espazos nos nosos soportes dixitais —Facebook, Twitter, app para Smartphone, pantallas dixitais na galería do centro, revista de moda etc.
Chámanos al 982 219 752 ou escríbenos un email a ccastermas@ccastermas.com co asunto “Espazo publicitario” e veremos os distintos emprazamentos para escoller o que mellor se adapte ás túas necesidades.