A xeadería Carte d’Or chega a As Termas cun espazo exclusivo onde o sabor, a calidade e o pracer danse a man.

Situado na planta superior do centro comercial, este novo punto de venda ofrece unha proposta única en Lugo co respaldo dunha marca de referencia internacional.

O local combina xeados cremosos e apetecibles, batidos artesáns, granizados, gofres e sorprendentes filloas, ademais dunha coidada selección de bolería fresca artesá e café da recoñecida marca Montecelio. Todo se prepara ao momento, con ingredientes de calidade e unha presentación que convida a gozar.

Pensado para todos os públicos, Gelatería Carte d’Or aposta por un concepto actual, próximo e visualmente atractivo, perfecto para unha pausa doce, unha merenda ou un antollo a calquera hora do día.

Ademais, a nosa carta nunca está pechada: imos incorporando novidades segundo a tempada, polo que quen nos visita a miúdo sempre teñen a oportunidade de descubrir novos sabores e combinacións.

Gelatería Carte d’Or reforza a oferta do Centro Comercial cunha proposta diferente: sabores que emocionan e unha experiencia que se lembra.

Read More Read less