Kiko  Milano, marca Nº 1 en Italia, é unha cadea de tendas con produtos de maquillaxe, beleza e coidado da pel que poderás atopar no Centro Comercial  As Termas, na cidade de Lugo. Kiko  Milano ofréceche unha extensa variedade en produtos de maquillaxe, creados para satisfacer as necesidades de beleza de todas as mulleres de todas as idades.

KIKO  Milano foi fundada en 1997 en Milán e desde entón revolucionou a forma en que os cosméticos se venden en todo o mundo.

Cremos en apoiar ás mulleres para que se expresen libremente. KIKO  Milano identifica as tendencias de beleza do momento e fainas accesibles a todos.

Entendemos o poder da maquillaxe e o amor que pode acender unha faísca e facer que sintas fabulosa. Queremos que todo o mundo sexa capaz de crear o  look adecuado, para cada situación, con estilo, pero sen perder a individualidade.

A tenda Kiko  Milano do Centro Comercial  As Termas de Lugo débelle o seu éxito non só á variedade na paleta de cores e produtos que pon á túa disposición, senón especialmente á alta calidade e seguridade dos mesmos, creados para respectar a fraxilidade da túa pel e resaltar a túa beleza.

En KIKO  Milano queremos que experimentes e elixas o  look que realmente che representa.

Read More Read less