A empresa galega Nación Pizza&Pasta ten un dos seus restaurantes no Centro Comercial  As Termas de Lugo. Nación Pizza&Pasta ofrece a todos os seus clientes produtos de elaboración ecolóxica, sen  conservantes,  colorantes ou  estabilizantes, moitos deles sen glute, buscando achegar algo diferente e moi saudable á nosa dieta.

Nación Pizza & Pasta aposta por comida sa, orgánica, fresca e natural, sendo moitos dos seus pratos de elaboración caseira. A filosofía de Nación Pizza&Pasta é ofrecer unha comida sa e natural a un bo prezo, apostando por un mundo máis sostible e verde en xeral, promovendo a reciclaxe e un menor consumo enerxético mediante o uso de  leds, mobles de madeira natural e envases de materiais reciclados.

A oferta culinaria de Nación Pizza & Pasta é moi variada e destacan as pastas, pizzas e ensaladas, entre outros. En Nación Pizza & Pasta do Centro Comercial  As Termas poderás gozar de variados menús e dunha barra libre de produtos saudable e frescos, moitos deles elaborados mediante receitas tradicionais. Nación Pizza & Pasta ofrece a tarxeta  ViG coa que gozar de agasallos ou descontos en todos os seus establecementos e coa que obsequian aos seus clientes cun prato o día dos seus aniversarios.

Read More Read less