Parfois é unha marca, de orixe portuguesa, nacida en 1994 da man de Manuela Medeiros, apostando por accesorios de moda, de deseño propio, e novidades constantes nas tendas de forma semanal. Na actualidade,  Parfois está presente en 53 países con máis de 600 tendas, especialmente no continente europeo.

No Centro Comercial  As Termas de Lugo, podes atopar unha tenda  Parfois que ofrece unha ampla gama de diferentes accesorios de moda como bolsos, carteiras, moedeiros, zapatos, bufandas,  fulares, xoias, bixutería, chapeus, bolsas de viaxe, cintos, lentes, accesorios para o cabelo, roupa e máis.

Atopa todos os complementos e accesorios que estabas a buscar, a un prezo alcanzable, na tenda de accesorios  Parfois. Os seus deseños, orientados á muller actual que sabe o que quere e encántalle a moda, namoran a todas as súas clientas grazas aos seus deseños e a calidade-prezo dos seus produtos.  Parfois é a tenda ideal onde atopar accesorios para saír de festa ou cear.

Ven ao Centro Comercial As Termas e descobre todo o que che podemos ofrecer, A que esperas?

Read More Read less