Sundara, situada no Centro Comercial As Termas de Lugo, é unha Franquía de Centros de Beleza dedicada ao coidado persoal e o benestar, usando técnicas naturais e produtos ecolóxicos da mellor calidade. En Sundara son pioneiros na maioría de servizos que ofrecen, como a depilación con fío, manicura Eco-Elegante, depilación con caramelo ou sugaring…Todo realizado con produtos 100% ecolóxicos, comercializando as mellores marcas de Alta Cosmética Bio, entre as que tamén se atopa a súa propia.
Están considerados como uns dos mellores deseñadores de cellas no noso país, cunha gran experiencia, un servizo de calidade e unha gran consideración cara aos seus clientes, conseguindo así unha alta fidelización.
Read More Read less